Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras de acondicionamento C.L. San Fiz de Paz a Arcos, C.L. ó límite con Lugo (Benade) pola igrexa de San Fiz de Paz a Guimará e alargamento da ponte de río Rozas en Guimarás.

Orzamento: 9.250.000 pesetas.

Prazo de execución: 4 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 185.000 pesetas.

Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 7 de xullo de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde