Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 27/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88,

do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta dirección xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Ordinario, restrinxido e procedemento negociado.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Procedemento do negociado: 27/2001.

Subministración de material para radioloxía.

Lote 1. Película de radiografía para radiografía xeral.

Lote 2. Película radiográfica para mamografía.

Lote 3. Película radiográfica multiformato convencional (tubo de raios catódicos).

Lote 4. Película radiográfica multiformato (láser).

Lote 5. Película de copia.

Lote 7. Líquidos para revelado de radiografías integrado por:

7.1. Líquido para revelado de radiografías fixador.

7.2. Líquido para revelado de radiografías revelador.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica achegando na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato:

13-6-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas:

Catro.

7. Nome e dirección do provedor ou provedores:

Lote 1. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

Lote 2. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

Lote 3. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

Lote 4. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

Lote 5. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

Lote 7. Agfa Gevaert, S.A.: Provenza, 392; 08025-Barcelona (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 83.950.000 pesetas (504.549,66 euros).

Lote 2: 2.860.625 pesetas (17.192,70 euros).

Lote 3: 744.372 pesetas (4.473,77 euros).

Lote 4: 59.472.825 pesetas (357.438,88 euros).

Lote 5: 2.068.620 pesetas (12.432,66 euros).

Lote 7: 15.101.800 pesetas (90.763,65 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

BOE: 26-7-2000.

DOCE: 22-7-2000.

DOG: 7-8-2000.

12. Data de envío do presente anuncio: 22 de xuño de 2001.

13. Data de recepción do presente anuncio:

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de xuño de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña