Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

POXA de obras.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte o da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertua de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro

do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.

Relación de obras:

-Acondicionamento de camiños e saneamento en varios núcleos do concello, do FCL de 2001, con orzamento de 15.959.361 pesetas e prazo de execución de 4 meses.

Barbadás, 11 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado