Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de xuño de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación do requirimento de pagamento P-024/01 ó debedor en réxime de compravenda, Santiago Gómez Lorenzo, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por núm. de expediente e conta) que a seguir se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que coide convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de xuño de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-83/010 (expte. desaf. P-024/01).

Cta.: 50.

Nome: Santiago Gómez Lorenzo.

Último enderezo coñecido: rúa Celso Emilio Ferreiro, blq. 7, 5º A (Vilagarcía de Arousa).

Importe débeda: 1.903.003 pesetas.