Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-154/2000 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de Caza de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Carlos Márquez Carrera; o que se notifica, ós efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mencionada lei.

Ós efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou aporta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta da resolución, darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Pontevedra, 28 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: Caza 154/2000.

Denunciado: Julio Lino Otero Cabral, con enderezo na rúa Herville, nº 44, Cela (Mos).

DNI: 36.032.633.

Feitos denunciados: cazar nun couto sen permiso.

Data do acordo da incoación: 4-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e un día.

Expediente: Caza 175/2000.

Denunciado: Evaristo Cendón Cendón, con enderezo en Dr. Carracido, 111, Calvario (Vigo).

DNI: 35.966.928.

Feitos denunciados: portar unha escopeta cargada e disposta para o seu uso nunha zona de seguridade a 2 metros dunha estrada local asfaltada.

Data do acordo da incoación: 16-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 57.35º en relación co artigo 25 de la Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 de la Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 20.000 pesetas (120.20 euros).

Expediente: Caza 172/2000.

Denunciado: Teodoro Bargiela Martínez, enderezo: Devesa, 38, Salceda de Caselas.

DNI: 35.565.015.

Feitos denunciados: cazar sen levar a documentación preceptiva, sendo titular da mesma (Guía de pertenza da escopeta).

Data do acordo da incoación: 16-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 57.4º da Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 de la Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Expediente: Caza 178/2000.

Denuciado: Fernando Barreiro Pedrido, con enderezo na rúa Bueu, 20. Piso 4ºD (Vigo).

DNI: 35.916.610.

Feitos denunciados: cazar sen autorización en zona acoutada.

Data do acordo da incoación: 10-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º de la Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 de la Lei 4/1997 de caza de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obte-la durante 1 ano e un día.