Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 28 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 7 de maio de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/870-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 21-7-1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto de 2000), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2001/58-5.

Expediente de xestión: FM 342B 00/870-5.

Orde da convocatoria: 21 de xullo de 1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto de 2000).

Interesado: José Antonio Ramilo González.

Enderezo: Cotro, 13 36380 Gondomar (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 7 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 21-7-1998.

Resolución:

«En relación co escrito achegado o 30-4-2001, notifícolle a seguinte resolución:

Antecedentes.

O interesado comunica no seu escrito a baixa do traballador Antonio Otero Fernández (29-3-2001) sen acredita-la súa substitución.

Fundamentos.

I. A base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27) reguladora das axudas á contratación por conta allea para o ano 2000 obriga o beneficiario, durante os tres anos seguintes á data da contratación indefinida subvencionada, a substituí-lo traballador polo que se concedese a subvención, dentro do mes seguinte ó da baixa.

II. O artigo 11 da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos

RESOLVO:

Declara-la procedencia de reintegro por parte de José Antonio Ramilo González da cantidade de 300.000 pesetas concedida na resolución desta delegación provincial do 7-7-2000 en concepto de subvención pola contratación indefinida de Antonio Otero Fernández.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 7 de maio de 2001. P.D. O delegado provincial. Asinado Joaquín Macías Sánchez.»

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Fomento do Emprego da delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 28 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra