Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 11 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 10 de abril de 2001 dictada no expediente sancionador OU-101/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á mercantil que de seguida se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número OU-101/2000, incoado á titular do establecemento denominado Cervexería Galo, situado na rúa San Miguel, 10, do concello de Ourense, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase a súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: OU-101/2000.

Sancionada: Leiras do Ouro, S.L.

Establecemento: café-bar Cervexería Galo.

Domicilio: rúa San Miguel, 10.

Localidade: Ourense.

Resolución: 10 de abril de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997, do 21 de agosto.

Sanción: cen mil unha (100.001) pesetas.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo