Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 13 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AC-18/2001 do 24 de xaneiro de 2001, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a incoación do expediente sancionador nº AC-18/2001, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo de A Coruña, xa que, tentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Advírteselle ó titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, no caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: AC-18/2001.

Denunciado: Jesús Salvador Crego Fernández.

Establecemento: Club Paraíso.

Enderezo: Vista Alegre. Ponte Ulla.

Localidade: Vedra.

Precepto infrinxido: artigo 87 número 7 da Lei 9/1997.

A Coruña, 13 de xuño de 2001.

P.D.

José A. Gómez García

Secretario provincial da Coruña