Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 18 de xullo de 2001 Páx. 9.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 6 de xullo de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de seis bolsas de iniciación á investigación para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán no marco do Programa de Investigación en Medio Ambiente do PGIDT e se procede á súa convocatoria.

Como complemento das accións relativas ó Programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocadas pola Orde do 9 de abril do 2001 (DOG nº 77, do 20 de abril), e co fin de contribuír á formación de persoal titulado superior de Galicia nas materias de ambiente e, ó mesmo tempo, apoia-la actividade investigadora do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental consideran oportuna a convocatoria de bolsas para colaborar nas actividades de investigación que se están a desenvolver no dito centro. En consecuencia,

DISPONSE:

Artigo 1º

Convócanse seis bolsas dirixidas a titulados superiores para colaborar nas actividades de investiga

ción no Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán conforme as bases que se especifican no anexo I a esta orde.

Artigo 2º

Para estas bolsas destinarase ata un máximo de 3.420.000 pesetas, con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.432A.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de tres meses contados a partir do día seguinte ó da data de publicación no DOG da presente convocatoria. De acordo co disposto no artigo 44 da Ley de procedemento administrativo, no caso de non recaer resolución dentro do mencionado prazo entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

Jaime Pita VarelaJosé Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro da Presidencia Conselleiro de Medio Ambiente

e Administración Pública

ANEXO I

Bases da convocatoria

1. Bolsas convocadas.

Convócanse un total de 6 bolsas para realizar no Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán nos seguintes campos de investigación:

* Mellora xenética forestal.

* Ecoloxía.

* Protección ambiental.

* Edafoloxía.

* Fitopatoloxía.

As titulacións que poden presentarse a esta convocatoria son as seguintes:

TitulaciónNúmero

Enxeñeiro/a de montes3

Licenciado/a en química1

Licenciado/a en bioloxía2

2. Período de disfrute.

A duración destas bolsas será desde o 1 de setembro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001.

3. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

3.1. Unha asignación mensual bruta de 140.000 pesetas.

3.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

4. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) O solicitante da bolsa deberá ter acadada a titulación correspondente no curso 1998-1999 ou posteriores.

c) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, ou enxeñeiro de montes (incluído o proxecto) nalgunha das titulacións que se indican na base 1.

5. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial (que se publica como anexo II a esta orde están á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e en Internet nos enderezos http: www.xunta.es/conselle/cma/index.htm, http://www.cesga.

es/sxid, http:// www.xunta.es/conselle/preside/sxd/

index.htm), presentaranse no Rexistro Xeral da Se-

cretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemen-

to, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambien

te ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime

xurídico das administracións públicas e do procede-

mento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

5.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

5.2. No caso de estudios validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica de idénticas características para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para os efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados antes da data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título dela.

5.3. Currículum vitae do solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados. Utilizarase o modelo oficial de currículum da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento dispoñible nos mesmos puntos que o modelo oficial de solicitude.

5.4. Entre a documentación que acompañe a solicitude, necesariamente figurará unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para un mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, segundo o artigo 8.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

6. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, coa advertencia de que de non o facer se terá por desistido da súa petición, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

8. Selección de candidatos.

8.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que

tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

8.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

-Expediente académico: ata 4 puntos.

-Adecuación do currículum vitae do solicitante ós proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións de Lourizán: ata 1 punto.

No caso de consideralo necesario, a comisión de selección poderá realizar unha entrevista a aqueles aspirantes que resulten preseleccionados; o resultado da entrevista poderá ser valorado cun máximo de 0,5 puntos.

Poderán declararse deserta/s a/s bolsa/s no caso de que os solicitantes non acaden unha puntuación mínima ó xuízo da comisión de selección e poderase incorporar a outra titulación a vacante deserta.

9. Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución ó secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e ó director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental que a resolverán conxuntamente por delegación dos seus respectivos conselleiros. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Transcorridos tres meses desde a publicación desta orde sen que se teña dictado resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Contra a citada resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante os mesmos órganos que a dictaron, ou ben poderá impugnarse directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

10. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación

e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No caso de producirse a renuncia dalgún dos beneficiarios destas bolsas procederase a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese, que elabore a comisión de selección.

Procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións inpostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

11. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases.

12. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas da actividade de investigación na que se integren, debendo axustarse ás normas propias do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, con dedicación exclusiva á súa función.

Teñen obrigación de someterse ás actuacións de comprobación que deba efectua-la entidade e as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas axudas concedidas e as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

13. Non obstante o disposto no artigo 8.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.