Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2001000041).

Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono C-21 dentro da área de reparto-21

a instancia dos irmáns Moreno Romero e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia, e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o sometemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado na secretaría deste concello para que calquera persoa interesada poida presentar alegacións.

Verín, 4 de xuño de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde