Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2001000021).

O Pleno municipal, na sesión do 30-5-2001, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle do polígono 01 da AR-29 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín por instancia de Construcciones Limia, S.L.

O que se comunica para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpo-lo recurso de reposición ante o pleno no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo o recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, se é o caso, caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo.

Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Poderán interpor calquera outro recurso que estimen pertinente.

Verín, 30 de maio de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde