Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono B-22 dentro da área de reparto-22 por instancia de Fernando Vila Camino e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia, e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.
En cumprimento do disposto no artigo 135.8º da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o sometemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado na secretaría deste concello para que
calquera persoa interesada poida presentar alegacións.
Verín, 5 de xuño de 2001.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde