Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de epizootias 165SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúen, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, ésta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 165SA/2000.

Denunciado: García Suárez Iglesias, José.

DNI: 35.412.035.

Último enderezo coñecido: A Igrexa, Sta. María de Roo Noia-A Coruña.

Feito denunciado: os veterinarios dependentes desta delegación provincial, denuncian que vostede se negou á realización da campaña de saneamento gandeiro na súa explotación.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 1 e 11 da Lei de epizootias artigo 8.4º da Orde 4-4-1997 en relación co artigo 209 do mesmo Regulamento de epizootias.

Sanción propuesta: 80.000 pesetas.