Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 094SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Ganadería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 094SA/2000.

Denunciado: Manuel Fernando Gago.

DNI:

Último enderezo coñecido: r/ General Mola nº 52-1º. Ordes-A Coruña.

Feito denunciado: o Seprona de Arteixo denuncia que vostede transportaba no vehículo Nissan matrícula C-0051-AV, cinco cabezas de gando vacún, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo no Servicio de Producción e Sanidade Animal.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias e o artigo 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co artigo 224 do mesmo Regulamento de epizootias.

Sanción propuesta: 15.000 pesetas.