Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 17 de xullo de 2001 Páx. 9.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 045SA/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, de 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións. posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que pode ser recusada en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estime convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto 1993).

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 045SA/1999.

Denunciado: Casal Lamigueiro, Manuel.

DNI:

Último enderezo coñecido: Estrada Castela nº 300

1º D, 15578-Narón, A Coruña.

Transportar un cabalo macho de raza cruzada nun remolque tirado polo vehículo Mercedes Vito matrícula C-8369-CF, careciendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo, no Servicio de Producción y Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias e o artigo 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co artigo 224 do mesmo Regulamento de epizootias.

Sanción propuesta: 15.000 pesetas.