Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia á deputación para o mantemento dos datos catastrais. (Expediente 4900/2001).

Obxecto: asistencia á deputación para o mantemento dos datos catastrais.

Lugar de execución: A Coruña.

Orzamento: 9.975.000 pesetas (59.950,96 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: cinco meses contados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde a publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña