Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 18 de xuño do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación e servicio na rúa Pedro Farto.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: trece millóns setecentas cincuenta e nove mil trescentas setenta e dúas (13.759.372 pesetas), 82.695,49 euros, de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 9.967.671 pesetas.

Gastos xerais: 1.295.797 pesetas.

Beneficio industrial: 598.060 pesetas.

Honorarios de redacción: 0 pesetas.

IVE: 1.897.844 pesetas.

4. Garantías.

a) Provisional: duascentas setenta e cinco mil cento oitenta e sete (275.187 pesetas).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos Claustros de San Francisco, avda. de Cervantes s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas. Fax 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 19 de xuño de 2001.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental