Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación do concurso para a subministración dun tractor rozador para os servicios do Concello de Vilaboa.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilaboa.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adquisición de tractor equipado con rozadora de brazo hidráulico e pa cargadora.

Tipo de contrato: subministración.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15. Fax: 986 70 83 87.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

Data límite de presentación: 8 días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

Documentación que se debe presentar: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello,de luns a venres das 9 ás 14 horas, os sábados das 9 ás 1.30 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

8. Apertura das ofertas: ás 13 horas do terceiro dia hábil seguinte ó do remate do prazo para a presentación das ofertas (de coincidir en sábado ou festivo aprazarase ó seguinte día hábil).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

11. Publicidade do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométense a información pública durante o prazo de 8 días hábiles, desde a publicación deste anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, se é o caso, presentar reclamacións perante o concello.

En ámbolos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará supeditada ata que estas fosen resoltas.

Vilaboa, 10 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado