Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de mobiliario destinado a concellos da provincia (programa de dotación de aulas informáticas 2001). (Expediente 01/5867 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens par a adxudicación da subministración e instalación de mobiliario destinado a concellos da provincia (programa de dotación de aulas informáticas 2001).

Lugar de entrega e instalación: concellos da provincia da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 25.606.075 pesetas (153.877,58 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 14:

14.a) Polo que se refire ó contrato de deteminación de tipo, o órgano de ontratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva.

14. b) Polo que se refire ós subministración específica, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña