Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento P-O29/2001, ó debedor en réxime de aluguer que se cita, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto 1º do artigo 138 do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado polo número de expediente e conta) que a continuación se relaciona o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, devolto polo servicio de correos, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola antedita Lei 4/1999, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e sello esta cédula en Pontevedra o 12 de xuño de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-029/01).

Cta.: 153.

Nome: Mª Elena Torres Da Silva.

Domicilio: r/ Alemaña, 47, 3º A, Monteporreiro (Pontevedra).

Débeda: 1.284.097 ptas.