Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xuño de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento P-028/2001, ó debedor en réxime de compravenda que se cita, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código Civil e cláusula IV da escritura de compravenda, notifícase ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou se compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e á iniciación do oportuno expediente

de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e sello esta cédula en Pontevedra, 11 de xuño de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/060 (expte. desaf.: P-028/01).

Cta.: 49.

Nome: Mª Pilar Iglesias Jubián.

Último domicilio coñecido: r/ Bélxica, 5, 3º B, Monteporreiro (Pontevedra).

Débeda: 2.309.271 ptas.