Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Almofrei, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso PO/9/98.

No organismo autónomo Augas de Galicia presentouse a petición de outorgamento dunha concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico nun tramo libre do río Almofrei, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.

Nos anexos que se inclúen máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar e a relación de propietarios, bens e dereitos afectados. Tamén se fai mención á clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e a documentación técnica e ambiental que se trata en concreto nos anexos, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, 15781 Santiago de

Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse a partir da data da última das publicacións que corresponden facer deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio será tamén obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios dos concellos de Cotobade e de Pontevedra.

Os que se consideren interesados terán á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

* Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

-Servicios centrais do departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño, s/n (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medio-

ambiental: r/Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Com-

postela.

-Concello de Pontevedra: praza de España, 1, 36071 Pontevedra.

-Concello de Cotobade: r/ Chan-Carballedo, 36856 Cotobade.

* Estudio de efectos ambientais dos proxectos:

-Servicios centrais do departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño, s/n, (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medio-

ambiental: r/Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Com-

postela.

-Delegación provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

-Concello de Pontevedra: praza de España, 1, 36071 Pontevedra.

-Concello de Cotobade: r/ Chan-Carballedo, 36856 Cotobade.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO I

Descrición das obras proxectadas

Denominación: proxecto de aproveitamento hidroeléctrico. Salto de Portamuíño, no río Almofrei.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 5,50 m/s.

Treito ocupado: 89-41 m.s.n.m.

Desnivel: 50-00 m.

Potencia total instalada: 2.142 kW.

Concellos afectados: Pontevedra e Cotobade.

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e toma de augas.

Proxéctase un azude de derivación con coroación á cota 93,50 e un limiar de vertedura á 89. No lugar escollido, o leito presenta un largo duns 6 metros, sendo a lonxitude prevista da coroación do azude de 34,50 metros, dos que 18 metros se constitúen en vertedoiro.

O azude proxéctase de formigón en masa e con perfil Creager.

Proxéctase un desaugadoiro de fondo no pé do azude, co fin de poder evacua-la auga de aportación e baleira-lo encoro, en caso necesario.

A toma de augas, situada no propio río, ten o seu limiar á cota 86,90 metros e está prevista para derivar un caudal máximo de 5,50 m/s. Esta toma atoparase na marxe esquerda do vertedoiro.

Escada de peixes.

Atoparase na marxe dereita do vertedoiro.

Canle de derivación.

A canle de derivación terá unha lonxitude de 1.400 metros e estará escavada en gabia sobre o terreo, presentando unha pendente ó longo de todo o seu percorrido do 0,75%.

Cámara de carga.

A cámara de carga ten unha capacidade de 130 m e unhas dimensións de 13 x 4 x 2,5 metros, dispoñendo dunha comporta electrónica automatizada que conectará coa tubaxe forzada.

Conduccións a presión.

A conducción a presión terá unha lonxitude total de 125 metros e un diámetro de 1.400 mm, e será capaz de transportar 5,5 m/s, salvando o desnivel, entre a cota 87,78 m e a cota 41 metros; desenvolverase na súa totalidade na marxe esquerda do río Almofrei.

Central.

A central proxectouse na explanación que se realizará na marxe esquerda do río Almofrei, próximo a Pontevedra.

A central será de planta rectangular, de dimensións exteriores totais de 12,20 x 6,15 metros.

Dentro da central disporanse dúas turbinas conectadas a dous xeradores. As turbinas serán de tipo Francis de eixe horizontal e terán unha potencia de 1.071 kW e un caudal admisible de 2,75 m/s, cada unha delas.

Os xeradores serán asíncronos trifásicos dunha potencia aparente de 1.260 kVA.

A restitución realizarase no río Almofrei a través dunha canle de desaugamento de reducida lonxitude.

ANEXO II

Relación de afectados

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamente para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes que correspondan. Os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións son os seguintes:

Concello de Cotobade (Pontevedra).

PREDIO

PROPIETARIO/ACULTIVOSUPERFICIE

(M)

1GARCÍA TRAZAR DOLORESMONTE ALTO306

2GARCÍA CARRILLO JULIOMONTE ALTO731

3GARCÍA TRAZAR DOLORESMONTE ALTO959

4GARCÍA CARRILLO JULIOMONTE ALTO324

5TRAZAR GARCÍA Mª DEL CARMENMONTE ALTO452

6ROMAY COUTO ALFONSOPRADO431

7GARCÍA GARCÍA FCO JAVIERMONTE ALTO312

8IGLESARIO DE DONASMONTE ALTO958

9GARCÍA GARCÍA FCO JAVIERMONTE ALTO870

10TRAZAR GARCÍA Mª DEL CARMENPRADO495

11GARCÍA TRAZAN MANUELMONTE ALTO540

12GARCÍA TRAZAN DOLORESPRADO148

13GARCÍA TRAZAN Mª AMÉRICAPRADO393

14GARCÍA PEREX JUAN MANUELPRADO408

15SANTOS COUTO JOSÉPRADO925

16IGLESIAS CASTRO JESÚSPRADO580

17MÍGUEZ BUGALLO JACINTOPRADO952

18LAREO BLANCO GUMERSINDOMONTE ALTO325

19BUGALLO VALLADARES ELENAMONTE ALTO176

PREDIO

PROPIETARIO/ACULTIVOSUPERFICIE

(M)

20GRANJA ALUECA MANUELMONTE ALTO292

21MÍGUEZ BUGALLO JACINTOMONTE ALTO483

22BUGALLO CONDE ISABELMONTE ALTO127

23RENDO IGLESIAS RAMÓNMONTE ALTO486

24TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO616

25COUTO IGLESIAS GUMERSINDOMONTE ALTO420

26BALTAR MILLÁN ELVIRAMONTE ALTO340

27TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO286

28RENDO IGLESIAS RAMÓNMONTE ALTO580

29FERREIRO VÁZQUEZ MANUELMONTE ALTO240

30GARCÍA LOUZAO JOSÉ MARÍAMONTE ALTO560

31GARCÍA TEMES JESÚSMONTE ALTO080

32SANTOS BARRAL ANTONIOMONTE ALTO224

33SANTOS BARRAL ANTONIOMONTE ALTO24

34TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO864

35BARROS CALDELAS JUANAMONTE ALTO445

36CEREIJO MÍGUEZ RAMÓNMONTE ALTO480

37REY PERÉZ JOSÉMONTE ALTO945

38FERNÁNDEZ PERAS ADOLFOMONTE ALTO720

39GRANJA ALUELA MANUELMONTE ALTO960

40DESCOÑECIDOMONTE ALTO416

41RENDO IGLESIAS RAMÓNMONTE ALTO192

42TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO504

43BUGALLO CONDE ISABELMONTE ALTO390

44SEIJO FERNÁNDEZ JOSÉMONTE ALTO260

45GRISO TABOADA RAMÓNMONTE ALTO210

46REY PÉREZ JOSÉMONTE ALTO528

47CEREIJO MÍGUEZ FELISAMONTE ALTO456

48FERNÁNDEZ PENAS ADOLFOMONTE ALTO684

49CASAL FONTENLA FLORENCIOMONTE ALTO513

50BREY RODRÍGUEZ AVELINAMONTE ALTO206

51TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO398

52IGLESIAS GARCÍA EDELMIRAMONTE ALTO640

53MIDÓN CANABAL Mª DOLORESMONTE ALTO703

54PEREIRAS LÓPEZ CONSUELOMONTE ALTO462

55NOVO SÁNCHEZ LUISAMONTE ALTO507

56GARCÍA LOUZAO JOSÉ MARÍAMONTE ALTO608

57LEREIRO MÍGUEZ FELISAMONTE ALTO721

58LEREIRO MÍGUEZ MERCEDESMONTE ALTO736

59LEREIRO MÍGUEZ RAMÓNMONTE ALTO966

60LEREIRO MÍGUEZ MERCEDESMONTE ALTO990

61SEIJO FERNÁNDEZ JOSÉMONTE ALTO672

62CEREIJO MÍGUEZ RAMÓNMONTE ALTO108

63GARCÍA TEMES JESÚSMONTE ALTO32

64COUTO PÉREZ FELISAMONTE ALTO420

65MIDÓN CANABAL Mª DOLORESMONTE ALTO125

66LEREIRO MÍGUEZ MERCEDESMONTE ALTO58

67TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO24

68COUTO PÉREZ FELISAMONTE ALTO325

69GARCÍA TRAZAN MANUELMONTE ALTO721

70TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO245

71TRAZAR NOVO RAMÓNMONTE ALTO124

72SEIJO FERNÁNDEZ JOSÉMONTE ALTO201

Concello de Pontevedra.

PREDIO

PROPIETARIO/ACULTIVOSUPERFICIE

(M)

1CANICOVA PERFECTAMONTE ALTO15

2CANICOVA PURIFICACIÓNMONTE ALTO280

3ANDUJAR REY IGNACIOMONTE ALTO705

4CANICOVA PENIDE DOLORESMONTE ALTO774

5CANICOVA VICENTEMONTE ALTO156

6CANICOVA PENIDE EMILIOMONTE ALTO326

7TORRES LAGOS MANUELMONTE ALTO324

8REY CANICOVA JOSÉMONTE ALTO815

PREDIO

PROPIETARIO/ACULTIVOSUPERFICIE

(M)

9TORRES LAGOS MANUELMONTE ALTO248

10FAILDE VALLDARES HROS DE MAXIMOPRADO615

11SOUTO ARAUJO HROS DE DOLORESPRADO513

12BAHAMONDE LÓPEZ JOSÉPRADO142

13CONDE CORTÉS ANDRÉSPRADO404

14TORRES LAGOS MANUELPRADO437

15BAHAMONDE LÓPEZ JOSÉPRADO464

16BAHAMONDE LÓPEZ JOSÉPRADO549

17CAMINOS MANUELMONTE ALTO806

18CONDE CORTÉS ANDRÉSMONTE ALTO308

19COUTO GONZÁLEZ JOSÉMONTE ALTO545

20CONDE CORTÉS ANDRÉSMONTE ALTO952

21SOUTO ARAUJO HROS DE DOLORESMONTE ALTO698

22TORRES LÓPEZ CARMENMONTE ALTO364

23USTE BATALLAN JOSÉMONTE ALTO1.096

24TORRES LAGOS MANUELMONTE ALTO408

25MONTE ALTORO HROS DE JOSÉMONTE ALTO684

26USTE BATALLAN JOSÉMONTE ALTO715

27TORRES LAGOS JOSÉMONTE ALTO678

28USTE BATALLAN JOSÉMONTE ALTO648

29REY VICENTE ESPERANZAMONTE ALTO546

30REY VICENTE MANUELMONTE ALTO496

31REY CANICOVA JOSÉMONTE ALTO741

32MONTE ALTORO PEROJA GUMERSINDOMONTE ALTO754

33MONTE ALTORO HROS DE JOSÉMONTE ALTO468

34RAIMONDEZ VALLADARES MARÍAMONTE ALTO402