Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-4/01-Animais.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación provincial, que poderá ser recusada conforme o réxime establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º planta e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 44.2º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

O expedientado ten dereito a coñecer en calquera momento do procedemento o estado de tramitación

no que se encontra o expediente e acceder a el e obter copias dos documentos ou informacións incluídas nel, logo de pagamento das taxas correspondentes, polo que se pón de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e MAN desta consellería de acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decrreto 153/1998 do 2 de abril.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 19 xuño de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-4/01-Animais.

Denunciado: Venancio Rodríguez Barandela.

DNI: X0158638-F.

Último enderezo coñecido: Loiro de Abaixo. S. Cibrao das Viñas(Ourense).

Feitos denunciados: abandono dun can de raza boxer no interior dun vehículo Wolksvagen Polo matrícula OU-7282-L.

Precepto infrinxido e sancionador: artig 21 c) da Lei 1/1993, de 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.

Sanción: 50.001 pesetas.