Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 402/2001.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: obras de carpintería e instalación de mobiliario do edificio do colexio universitario para a Facultade de Filoloxía, Traducción e Interpretación. b) Prazo máximo de execución: 2 meses. c) Lugar de execución: Campus de Lagoas-Marcosende (Vigo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 59.953.638 pesetas (360.328,62 euros) IVE incluído.

5. Garantías: -Provisional: non se esixe. -Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: c/ Areal nº 46-edificio anexo-3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo-36201 (Pontevedra). d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. Non obstante o proxecto da obra recollerase en Gamesal, r/ Torrecedeira nº 92-36208 Vigo (Pontevedra), teléfono: 986 23 06 89. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas:

7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación: grupo C; subgrupos: 8, 9; categoría E.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: segundo o indicado no artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas para os empresarios non españois da Comunidade Europea.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte

ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Universidade de Vigo. r/ Areal nº 46-edificio anexo-planta baixa. Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data de apertura de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo, r/ Areal, nº 46-1º andar. Vigo-36201. Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: os criterios que se empregarán para a adxudicación do contrato son: valor técnico da proposta (40 puntos), oferta económica (35 puntos), prazo de execución (20 puntos) e prazo de garantía (5 puntos), segundo as fases e nos termos indicados no prego de cláusulas administrativas particulares. Gastos de envío de documentación: a enviada polo Servicio de Xestión Económica e Contratación será gratuíta, a correspondente ó proxecto aboaráselle a Gamesal.

11. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 6 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo