Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 30 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 16 de abril de 2001 das axudas ó emprego autónomo do expediente administrativo FM 301D 97/293-5 e 97/294-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 21-7-1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto de 2000), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 01/44-5.

Expedientes de xestión: FM 301D 97/293-5. FM 301D 97/294-5.

Orde de convocatoria: 20 de decembro de 1996 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1997).

Interesado: Beatriz González Campo

Enderezo: travesía de Vigo 147, 6º F, 36207 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 16 de abril de 2001, ó abeiro da Orde do 21-7-1998.

Resolución:

«En relación co requirimento realizado por esta delegación provincial correspondente ó seguimento das axudas concedidas nos expedientes de referencia, notifícolle a seguinte resolución:

Antecedentes:

O devandito requirimento, publicado no DOG nº 210, do 30 de outubro de 2000, non foi cumprido pola interesada, polo que non se acredita a alleidade das causas que motivaron o cesamento da actividade subvencionada (30-11-1998).

Fundamentos:

Primeiro.-O artigo 18 da Orde do 20 de decembro de 1996 (DOG do 3 de xaneiro de 1997) reguladora das axudas para o fomento da economía social e a integración laboral dos minusválidos, obriga o beneficiario a realiza-la actividade que fundamente

a concesión das axudas por un prazo mínimo de tres anos, agás que xustifique documentalmente o cesamento por causas alleas á súa vontade.

Segundo.-A disposición adicional cuarta da citada orde establece que o incumprimento total ou parcial de calquera das condicións constituirá causa determinante da revogación de axuda e do reintegro desta por parte do beneficiario, xunto co xuro de demora, de conformidade co artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Declara-la procedencia de reintegro por parte de Beatriz González Campo da cantidade de 1.000.000 de pesetas concedida nas resolucións desta delegación provincial do 3-6-1997 e do 26-3-1997 en concepto de subvención financeira (500.000 pesetas) e da renda de subsistencia (500.000 pesetas).

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos correspondentes xuros de demora, tendo en conta a data da comunicación do cesamento da actividade pola interesada, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 16 de maio de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 30 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra