Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de desistencia do 16 de abril de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/409-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 2000/409-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Cosbar Comercio Suministros, S.L.

Enderezo: estr. do Vao, 38. 36330 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 16 de abril de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Alfredo Fontenla Bar, en nome e representación de Cosbar Comercio Suministros, S.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 29-2-2000.

Segundo.-O Servicio de Fomento, o Emprego desta delegación provincial notificoulle ó interesado o 1-6-2000 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial, para coñecer e resolve-la presente solicitude vén determinada polo artigo 3 da Orde do 13-3-2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Segundo.-Artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no pra

zo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 16 de abril de 2001. P.D. O delegado provincial. Asdo. Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes áchanse no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 6 de xuño de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra