Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 816/2000 e 37/2001.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de

1987.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expte. nº: 816/00.

Acta nº: 1416/00.

Titular: S.B.G., S.L.

NIF/DNI: B-15.669.880.

Enderezo: Párroco Villanueva, 2. Sada.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 28-3-2001.

Sanción: 250.100 pesetas.

Expte. nº: 37/01.

Acta nº: 1261/00.

Titular: Estudios y Construcciones en Mera, S.L.

NIF/DNI: B-15.454.804.

Enderezo: Curros Enríquez, 1 baixo-Mera. Oleiros.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 21-5-2001.

Sanción: 251.000 pesetas.