Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso e polo trámite de urxencia, relativa á montaxe dunha carpa da Xunta de Galicia no Festival Intercéltico de Lorient'2001, servicios complementarios e instalación de cociña e restaurante.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, relativa á montaxe, decoración, con motivos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, interior e exterior dunha carpa

da Xunta de Galicia, xunto cos seus servicios complementarios, así como a instalación de cociña e restaurante no Festival Intercéltico de Lorient que vai ter lugar, na dita cidade do 3 ó 12 de agosto deste ano. O obxecto abarca montaxe e desmontaxe das ditas instalacións.

Orzamento de licitación: dezaoito millóns cincocentas mil (18.500.000) pesetas, 111.187,239 euros, no que se inclúe transporte, gastos de todo tipo, así como toda clase de taxas e impostos.

Prazo de execución: nos prazos que permitan levar a cabo a execución do obxecto deste contrato.

Garantía provisional: dispénsase a súa constitución.

Clasificación: non se esixe.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse nun prazo non superior a 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo (praza de Mazarelos, 15 Santiago de Compostela), consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación, e ás 11 horas do segundo día hábil natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de cultura, Comunicación

Social e Turismo