Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 30 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de desistencia do 17 de abril de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/1741-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 00/1741-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Carpintería Carpas, S.L.L.

Enderezo: Ramón Cabanillas 175, baixo, 36950 Moaña (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 17 de abril de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada Juan Manuel González Brañas, en nome e representación de Carpintería Carpas, S.L.L., e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 23-5-2000.

Segundo.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificou ó interesado o 4-8-2000 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia desta Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 3 da Orde do 13-3-2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Segundo.-Artigo 5.1º da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de abril de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 30 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra