Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Novo e a compatibilidade do parque eólico denominado Novo coa concesión de explotación María Elena Este, fracción primeira. (Expediente 16/1999).

Examinado o expediente instruído por instancias de Energías Ambientales, S.A. con enderezo a efectos de notificacións en r/ Bugallal Marchesi 10, 1º esq. 15008 A Coruña, sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico nomeado Novo, resultan os seguintes.

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data 28 de febreiro de 2000, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Novo, de 18,75 MW, achegando a documentación establecida para ó efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ámbolos dous de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 14-3-2000, para ós efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53º e 54º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución foi publicada nos seguintes medios: xornal El Ideal Gallego do 18 de marzo, DOG do 23 de marzo, BOP da Coruña do 25-3-2000 e taboleiros de anuncios das casas do concello de Valdoviño e Narón, dándose coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Grupo Gaper I, S.A., manifesta que é titular dunha explotación agropecuaria a pleno rendemento no predio Santa Mariña que ocupa 25 ha de superficie dentro da delimitación perimetral do parque eólico, opoñéndose á afección que lle suporía a instalación do parque eólico, debido á posible alteración do ciclo biolóxico do gando vacún.

2. Yolanda Couce Matovelle, titular de predios afectados polo proxecto de parque eólico, manifesta que non foi informada do grao de afección del, opoñéndose á instalación do devandito parque polo impacto visual e sonoro que ocasiona á poboación, así como ó turismo de Valdoviño.

3. A AA.VV. As Chaves, en San Pedro de Loira (Valdoviño), oponse á instalación do parque eólico, xa que poden apantallar aínda máis os débiles sinais das antenas receptoras de TV.

4. O Concello de Valdoviño manifesta o seguinte:

-Que terán que conseguirse os preceptivos informes e autorizacións establecidos no vixente Regulamento de dominio público hidráulico, e contar coa autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xa que conta cun catálogo de patrimonio arqueolóxico.

-Que non é aconsellable limitar tan radicalmente, no ámbito delimitado polo parque eólico, os usos ou construccións admitidas no momento actual polo planeamento en vigor nas categorías de S.N.U. afectadas, dado que se trata de usos que no peor dos casos xerarían edificacións de ata 7 m de altura máxima en plantas baixa e alta.

5. Pola súa parte o Concello de Narón realiza as seguintes reivindicacións:

-Que dispón dunha ordenanza municipal reguladora de emisión e recepción de ruídos e vibracións (BOP 213/1997), polo que non se poderá autoriza-la actividade sen un programa de vixilancia e seguimento ambiental de ruídos.

-Que o proxecto sectorial condiciona os usos establecidos no vixente Plan xeral de ordenación urbanística, xa que modifica o posible aproveitamento establecido e protexe os ámbitos de actuación de cada instalación individual de posteriores actuacións edificatorias, se é o caso, resultando necesario un plano de situación no que figure acoutada a superficie afectada na que non se poderán construír vivendas.

6. A empresa Cerámicas Arzúa, S.A., titular da concesión de explotación mineira nomeada María Elena Este, fracción 1ª, nº 6482-1, oponse á instalación eólica manifestando que afectaría de forma total ás oito cuadrículas mineiras que comprende o devandito permiso, á parte de solicitar que prevalezan os seus dereitos consolidados.

7. Emilio Rodríguez Fernández manifesta que é titular das parcelas 763, 764 e 765 no polígono 19.

8. Manuela López Veiga manifesta que é titular dun monte no lugar das Penas, cunha superficie de 0,424 ha, situado no polígono 19, parcela 766, e que a dita propiedade figura descrita como masa común nº 25 nos mapas expostos no concello.

9. José Padín Martínez manifesta que é titular dun monte no lugar das Penas, cunha superficie de 0,476 ha, situado no polígono 19, parcela 769, e que a dita propiedade figura descrita como masa común nº 25 nos mapas expostos no concello.

10. Eduardo López Veiga manifesta que é titular dun monte no lugar das Penas, cunha superficie de 0,30 ha, situado no polígono 19, parcela 768, e que a dita propiedade figura descrita como masa común nº 25 nos mapas expostos no concello.

Cuarto.-Con data 9 de novembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do devandito parque eólico.

Quinto.-Con data 22 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, as características básicas do cal son as seguintes:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcellosVértices

NovoValdoviño e NarónXY

569.500 4.828.000

571.121,684.828.540,56

572.320,464.823.345,85

570.673,754.822.522,50

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 25.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: ECOTECNIA 48/750.

Potencia total instalada: 18,75 MW.

Producción anual estimada: 44.643,75 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.812.498.908 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-25 de transformadores de 850 kVA c/u e con tensións de 20/0,69 kV, situados no interior da torre de cada aeroxerador.

-Rede eléctrica soterrada de tensión 20 kV con conductor R.H.V. 12/20 kV. 3 (1X150 a 400) mm Al, interconectado ós transformadores e á estación colectora.

Estación colectora de dúas posicións de liña e un conxunto de cabinas de media tensión, que formarán o sistema de media tensión. Instalarase un centro de transformación equipado cun transformador trifásico 20/0,4 kV para servicios auxiliares.

Sexto.-Con data 8 de maio de 2001, procédese a dar trámite de audiencia a Cerámica Arzúa, S.A. e Energías Ambientales, S.A., co gallo de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Novo coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso mineiro, denominado María Elena Este, fracción 1ª, nº 6482-1, titularidade de Cerámicas Arzúa, S.A. Ámbalas dúas empresas presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes reafirmando as súas posturas previas.

Sétimo.-Con data do 2 de xullo de 2001, os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria examinado o citado expediente, emiten informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Novo coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso mineiro, denominado María Elena Este, fracción 1ª, nº 6482-1, titularidade de Cerámicas Arzúa, S.A..

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto da documentación contida no expediente, queda de manifesto que:

1. As alegacións ambientais foron tidas en conta na Resolución do 9 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aprobou a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

2. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón delas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

4. Non se pode acepta-la alegación presentada por Cerámica Arzúa, S.A., referente á incompatibilidade do proxecto de parque eólico coa súa concesión de aproveitamento mineiro, xa que da información que figura no expediente dedúcese que a distancia entre a liña de aeroxeradores e a traza do filón de talco é superior en tódolos seus puntos ós 110 m e que, segundo queda reflectido no proxecto aprobado para a concesión mineira, tanto os accesos, pistas de servicio e entulleiras se sitúan a maior distancia que este da liña de aeroxeradores, polo que non existe interferencia con ela. En canto á posible interferencia entre os labores mineiros de explotación e a liña de aeroxeradores, a diferencia de cota entre ambas (que nalgúns casos alcanza practicamente os 50 m) así como a distancia superior ós 110 m entre a traza do filón e a liña implica que, unha vez realizadas as bermas, noiros, etc., a distancia entre o oco de explotación e os aeroxeradores sería, en calquera caso, superior ós 85 m,

considerándose esta o suficientemente ampla para que se poidan desenvolver paralelamente ámbolos dous proxectos, posto que o único punto que podería suscitar problemas, que é o caso en que se necesitara a execución de voaduras, quedaría salvado mediante a realización dun proxecto de voadura que cumpra os requisitos establecidos na ITC 10-3-2001, e coa súa correcta execución, trala correspondente aprobación, evitaría a interferencia entre os dous proxectos.

Carto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios, entre eles os establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en ma-

teria de instalacións eléctricas.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Novo, nos termos municipais de Narón e Valdoviño (A Coruña), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Novo coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso mineiro, denominado María Elena Este, fracción 1ª, nº 6482-1, titularidade de Cerámicas Arzúa, S.A.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpor, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da devandita data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207,

do 26 de outubro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio