Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento dos prezos xustos por expropiación forzosa de predios afectados polas instalacións de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) en Padrón.

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 abril de 1957, esta delegación acorda sina

la-los días 1 e 2 de agosto de 2001 para que o pagador da entidade beneficiaria Financiera Maderara, S.A. (Finsa), proceda nos locais do centro social en Campo do Souto, Padrón, ós pagamentos dos prezos xuros ós titulares dos predios expropiados afectados polo Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) en Padrón (expediente de Finsa).

Con esta data esta delegación dirixe notificacións individuais ós interesados propostos por Finsa como titulares dos predios afectados, sinalándolles día e hora para faceren efectivos os pagamentos.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña