Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (679/2000).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 679/2000, por instancia de Francisco Caraballo González contra Turishop, S.A., sobre salarios nos que recaeu sentencia con data do 31-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda promovida por Francisco Caraballo González contra a empresa Turishop, S.A. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de duascentas dezanove mil oitocentas oitenta e catro pesetas por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva

de notificación á empresa Turishop, S.A., expido y asino esta cédula na Coruña, 5 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado