Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4545/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Javier Bejerano Fernández, en nome e representación de Asociación de Percebeiros da Coruña contra resolución da Consellería de Pesca do 30-3-2001, pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 3-2-2002, contra a Orde do 27-12-2000, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2001.

Recurso número: 02/0004545/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese

lexítimo no citado recurso, as cales poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teranse como para os trámites no precluídos.

A Coruña, 12 de xuño de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado