Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.624

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se nomean os tribunais que deberán xulga-las probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Igape, mediante promoción interna e acceso libre, convocadas por Resolución do 25 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo).

En cumprimento do sinalado na Resolución do 25 de xuño de 2001 (DOG do 2 de xullo) pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Igape mediante promoción interna e acceso libre, a directora xeral deste instituto,

RESOLVE:

Nomea-los tribunais que deberán xulga-lo procedemento selectivo de ingreso e acceso no cadro de persoal laboral fixo do Igape, e que estará composto polos seguintes membros titulares e suplentes:

Tribunal nº 1 para as prazas de persoal técnico.

Titulares:

Presidente:-José Álvarez Cobelas.

Secretaria:-Camino Triguero Salas.

Vocais:-José Antonio Redondo López.-Argimiro González Brey.-Jesus A. Balado Ferreiro.-Santiago Veiga Álvarez.

Suplentes:

Presidente:-José Antonio Campo Andión.

Secretaria:-Mónica Fernández Frade.

Vocais:-Alfonso Rodríguez Sandías.-Miguel Quintero García.-Jose Manuel Bugallo Rivas.-Juan Feijóo Casanova.

Tribunal nº 2 para as prazas de persoal non técnico.

titulares:

Presidenta:-Mª Oliva Pérez Roca.

Secretario:-Luís Emilio Araújo Rodríguez.

Vocais:-Carlos Carid Fernández.-Luís Cerviño Pernas.-Guillermo Viña González.-Matilde Cabezas Pol.

Suplentes:

Presidenta:-Loreto Díaz Sánchez.

Secretaria:-Belén Ramos Espiñeira.

Vocais:-Susana Castro Barral.-Francisco González Castro.-Pedro Sálamo Otero.-María Jesús Álvarez Ferreiro.

Os tribunais constituiranse dentro do prazo de dez días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e darán conta de forma inmediata da súa constitución á secretaría xeral do Igape. O primeiro tribunal que se constitúa deberá no dito acto levar a cabo o sorteo da letra que determinará a orde alfabética de actuación dos candidatos ó longo do proceso, así como, en última instancia, os supostos de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, de acordo co establecido na convocatoria.

Os presidentes tomarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica