Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ferrovial Servicios, S.A. (Ferroser).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Ferrovial Servicios, S.A. (Ferroser) (código con

venio nº 1503541) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 18-4-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de maio de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de recollida de salidas urbanas e limpeza varia do centro da empresa Ferrovial Servicios, S.A. (Ferroser)

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo regulará as relacións laborais da empresa Ferroser, cos seus traballadores nos servicios de recollida do lixo, explotación das plantas de tratamento e eliminación de residuos e limpeza viaria, que a empresa ten concertados co Concello da Coruña, e calquera outro que concerte no futuro.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será de 3 anos e estenderase ata o 31 de decembro do ano 2003.

2. Non obstante, seguirase aplicando, en tódolos seus contidos, ata o asinamento doutro convenio, negociado entre as partes, que o substitúa. Neste momento estarase conforme co que determine a lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

3. Este convenio entrará en vigor o día do seu asinamento. Con todo, as condicións económicas terán vixencia desde o 1 de xaneiro do ano 2001.

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez rematada a vixencia prevista no artigo anterior, sen necesidade de aviso previo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas ou de calquera índole contidas neste convenio teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas por anteriores adxudicatarios, que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto a este convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as veñan desfrutando.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións legais só serán aplicables cando, considerados globalmente en cómputo anual, superen os aquí pactados. En caso contrario, serán compensados e absorbidos manténdose este convenio nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

1. No prazo máximo de 10 días a partir do asinamento do convenio, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio.

2. Estará formada por 6 representantes da parte económica e 6 da parte social, pertencentes ó comité de empresa. Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores.

3. Reuniranse a pedimento de calquera das partes cantas veces sexa necesario, debendo celebra-la reunión dentro dos cinco días seguintes.

4. As súas funcións serán as seguintes:

-Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

-Vixilancia e cumprimento do pactado.

-Estudio e valoración de novas disposicións legais que se promulgasen con posterioridade á entrada en vigor deste convenio, que poidan a afecta-lo seu contido.

-Cantas outras actividades teñan eficacia práctica do convenio e unha maior solución interna dos conflictos.

5. As reunións da comisión mixta paritaria, cando sexan convocadas pola parte empresarial, o tempo necesario para elas correrá por conta da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social, será do 50%, é dicir, o tempo investido nunha reunión correrá por conta da parte social e a próxima por conta da empresa. Despois de cada negociación dun convenio colectivo, as catro primeiras reunións desta comisión serán por conta da empresa.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ámbalas dúas partes conveñen que calquera dúbida de contido ou de vixencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio sexa sometida, antes de establecer reclamación diante dos órganos competentes, a informe previo da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe no prazo máximo de 5 días, a partir do día seguinte a aquel en que fose solicitado.

3. As funcións da comisión non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción competente prevista na lei.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 8º.-Condicións económicas.

1. As condicións económicas serán as que para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos que seguen.

2. O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes; cando este coincida en festivo ou en sábado, efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

3. Os traballadores, logo de notificación á empresa cun mes de antelación, poderán elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, achegando, canda a solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 9º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa.

Artigo 10º.-Antigüidade.

1. O complemento de antigüidade consistirá nun máximo de tres bienios e dous quinquenios, sendo as cantidades que se van percibi-las que figuran na táboa anexa.

2. A antigüidade aboarase a partir do primeiro día do mes en que se cumpra o bienio ou o quinquenio.

Artigo 11º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento de posto de traballo denominado complemento tóxico, penoso e perigoso, sendo o seu importe o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento extrasalarial denominado complemento de transporte, sendo o seu importe o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

1. Os traballadores que realicen a súa xornada de traballo, ou a maior parte dela, en horario nocturno (entre as 22 horas e as 6 horas), recibirán un complemento de nocturnidade segundo as cantidades que para cada categoría figuran na táboa salarial anexa.

2. Este complemento aboarase por mes efectivamente traballado en xornada nocturna, sendo proporcional ó seu pagamento a aqueles traballadores

que non presten os seus servicios na dita xornada de forma habitual, e a prestación sexa ocasional por substitución doutro traballador nun período inferior a un mes.

Artigo 14º.-Complemento de dispoñibilidade.

Tendo en conta as peculiaridades do servicio e as posibles necesidades de cambios de servicio e de quendas dos operarios na empresa. Tódolos traballadores que estean en dispoñibilidade ou que ata o de agora viñan percibindo un complemento de nocturnidade, sen realiza-lo seu traballo en horario nocturno, percibirán un complemento de dispoñibilidade, segundo a táboa anexa.

Artigo 15º.-Complemento de compensación.

Este complemento aboarase mensualmente como compensación ós traballadores de taller e persoal de oficinas nas cantidades marcadas na táboa anexa.

Artigo 16º.-Complemento de convenio.

Este complemento aboarase ós traballadores de taller e persoal de oficinas mensualmente nas cantidades que se establecen na táboa anexa, agás que ó asinamento do convenio colectivo veñan percibindo unha cantidade maior, conforme se describe nos parágrafos seguintes, que será respectada para tódolos efectos pola empresa, non sendo absorbible.

O denominado complemento voluntario e absorbible que veñen percibindo determinados traballadores, independentemente do servicio ó que pertenzan, pasa a percibirse como complemento de convenio.

Para os traballadores de nova incorporación, o pagamento da cantidade do devandito complemento voluntario e absorbible nacerá de mutuo acordo entre empresa e traballador.

Artigo 17º.-Pagas extraordinarias.

1. As pagas extraordinarias do verán e o Nadal aboaranse a razón de 30 días de salario máis 30 días de antigüidade, sendo a de beneficios a razón de 15 días de salario máis 15 días de antigüidade. Para o ano 2002, esta paga de beneficios incrementarase conforme o disposto no artigo 20º do presente convenio.

2. As pagas devengaranse anualmente, pagándose a de verán coa nómina de xuño, a do Nadal o 22 de decembro coa nómina de decembro e a de beneficios coa nómina de febreiro.

3. As pagas devengaranse día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas; nos casos de IT e maternidade estarase conforme co disposto no artigo 26º.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Compénsanse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do concello, nos seguintes termos:

-Cando sexa necesario pernoitar no lugar do desprazamento, aboarase ata a cantidade máxima de 8.000 pesetas/noite.

-Cando o desprazamento obrigue a xantar e cear, aboarase a cantidade de 3.500 pesetas/día.

-Por media axuda de custos, xantar ou cea, aboarase a cantidade de 2.000 pesetas/día; para desprazamentos superiores a unha semana, 1.500 pesetas.

Tódolos gastos deberán ser documentados para o seu aboamento, cos xustificantes de gasto.

Artigo 19º.-Horas extra.

De forma habitual non se farán horas extras, e no caso de facelas serán voluntarias.

No caso de circunstancias excepcionais, non habituais e de forza maior, se calquera traballador tivese que estende-la súa xornada máis alá da duración normal desta, o tempo que tivese que traballar pagarase a razón de 1.500 pesetas/hora, ou a parte correspondente, ou poderá opta-lo traballador por ter días de descanso compensatorio ó acumular horas extras en proporción de 1,75 horas por cada hora extra, debendo informar á empresa no caso desta opción, e non podendo acumula-las horas incorridas en trimestres diferentes.

Se as horas extras coincidisen en domingo ou festivo, a cantidade por hora será de 2.000 pesetas. No caso de optar pola opción de descanso, a proporción será de dúas horas normais por cada extra.

O servicio de recollida dos residuos de mercados en día festivo compensarase con tres días de descanso (o festivo non desfrutado, máis dous días en compensación do descanso).

Artigo 20º.-Incrementos salariais.

Os incrementos salariais para o ano 2001 das diferentes categorías son os que se detallan na táboa salarial anexa.

Para o ano 2002 o incremento salarial será referido ó IPC estatal para o ano 2001, aplicado a tódolos conceptos económicos, e unha cantidade bruta de 60.000 pesetas para cada traballador, destinando 50.000 pesetas á paga de beneficios, e o seu excedente ó complemento de transporte.

Para o ano 2003 o incremento salarial será o referido ó IPC para o ano 2002, aplicado a tódolos conceptos económicos, e unha cantidade bruta de 65.000 pesetas para cada traballador, repartida de forma proporcional a tódolos conceptos susceptibles de cotización.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

1. A xornada anual será distribuída en bloques de 9 días, 6 de traballo e 3 de descanso correlativos, sendo a xornada diaria de 7 horas, para varrendeiros e recollida nocturna de R.S.U.

2. O resto do persoal terá unha xornada de 37 horas semanais.

3. Dentro da xornada laboral diaria inclúense 25 minutos para o bocadillo, para o persoal que realice a xornada continuada, e 10 minutos á saída para a hixiene persoal.

4. Achégase con este convenio o cadro de descansos para o ano 2001; para o resto dos anos será negociado co comité de empresa antes do 30 de novembro do ano anterior á súa aplicación así mesmo, achégase o cadro de horarios do centro de traballo.

5. Consideraranse festivos para tódolos efectos e retribuídos os días 25 de decembro e o primeiro de xaneiro, non traballándose en ningún servicio da empresa.

Artigo 22º.-Vacacións.

1. Todo o persoal adscrito a este convenio terá de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lles corresponda en función do tempo da antigüidade.

2. As vacacións retribuiranse a razón de salario base máis os complementos correspondentes, como se dun mes de traballo efectivo normal se tratase.

3. No caso de complemento nocturno, o seu cómputo resultará de dividir por 3 a cantidade cobrada por este concepto nos tres meses anteriores ó desfrute das vacacións.

4. A empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite o desfrute das vacacións fóra do período establecido neste convenio sempre que as solicitudes non excedan do dez por cento do cadro de persoal.

5. Os traballadores que o desexen, tras acordo previo entre eles, poderán permuta-las súas vacacións avisando con 1 mes de antelación. Así mesmo, poderán permuta-los días de descanso logo de comunicación ó encargado do servicio.

6. No caso de que por calquera circunstancia non se poidan desfrutar na súa quenda establecida, establecerase outra quenda de desfrute que será negociado coa empresa.

Artigo 23º.-Material de traballo.

A empresa comprométese a dota-los traballadores do material máis apropiado, en cada momento, para que poidan desenvolve-lo seu labor dunha maneira eficiente. Así mesmo, os traballadores comprométense ó seu coidado e conservación.

Artigo 24º.-Permisos e licencias.

1. O persoal afecto a este convenio terá dereito ós seguintes permisos e licencias:

-Permisos especiais. A empresa concederalle ó persoal que o solicite, e por causas xustificadas, ata 30 días de excedencia pactada, sen soldo e sen cotización á Seguridade Social, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Os permisos deberán ser solicitados cunha antelación do 15 días, agás casos de urxente necesidade.

-Licencias. O persoal terá dereito a te-las licencias retribuídas seguintes:

a) Por matrimonio: 18 días naturais.

b) Matrimonio de fillos: 1 día, se é na provincia, e 2 fóra dela.

c) Por parto ou adopción: 3 días.

Se é necesaria intervención cirúrxica, 9 días.

Se o parto é fóra da provincia, 5 días.

d) Falecemento ou doenza grave de cónxuxe, pais ou fillos: 4 días.

e) Falecemento ou doenza grave de avós, irmáns ou netos: 3 días.

f) Falecemento de tíos ou sobriños: 1 día.

g) Por intervención cirúrxica ou convalecencia do cónxuxe, pais ou fillos: 3 días.

h) Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

i) Para renovación ou obtención dos permisos de conducir ou identidade, o tempo necesario para a realización dos recoñecementos médicos e dos exames.

j) Para a realización dun exame, daqueles traballadores que realicen estudios para a obtención dun título en casos dubidosos, remitiranse á comisión paritaria.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber público ou persoal.

l) Todo traballador que, unha vez iniciada a xornada de traballo e no curso desta, se sentise enfermo e tivese que abandona-lo seu posto de traballo, con posterior xustificación médica, percibirá o importe total da xornada.

2. Como norma xeral, as licencias comezarán a contar na data en que se produza o feito que as motiva. Se por motivos de hospitalización de familiares, debido a doenza grave ou intervención cirúrxica, se establecen quendas de estancia no hospital ou no seu domicilio para atende-lo doente, o traballador podería comeza-la súa licencia en data posterior ó feito causante.

3. A referencia que nos puntos c), d) e g) se fai á esposa e cónxuxe, respectivamente, entenderase feita, así mesmo, ó compañeiro ou compañeira que de feito estable, e en situación asimilable ó matrimonio, convivan co traballador ou traballadora. As licencias entenderanse sempre no caso de familiares consanguíneos ou afíns.

4. Tódolos permisos xustificaranse a posteriori.

Artigo 25º.-Póliza de seguros.

1. A empresa comprométese a subscribir, ó seu cargo, no prazo dun mes a partir da data do asinamento do convenio, unha póliza de seguros que cubra as continxencias de morte ou invalidez, derivadas de enfermidade ou accidente, sexan laborais ou non cunha contía de:

-Grande invalidez, invalidez permanente absoluta: 4.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente total: 2.000.000 de pesetas.

-Morte: 2.000.000 de pesetas.

-Axuda gastos de enterro: 300.000 pesetas.

2. O traballador poderá designar diante da entidade aseguradora e por escrito os seus propios beneficiarios.

3. Unha copia desta póliza pasarase ó comité de empresa quince días despois de subscrita.

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

1. En supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario mensual desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta, incluíndo complemento de transporte.

2. Considerarase como accidente laboral aquel que ocorra in itinere, é dicir: como mínimo, 1 hora antes do inicio da xornada laboral, e unha hora despois de rematar esta, para efectos de cubrir-los desprazamentos dos traballadores ó centro de traballo, e deste ó seu domicilio.

3. Así mesmo, complementará ata o 100% no caso de hospitalización e mentres dure esta e a convalecencia no seu domicilio.

4. En supostos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 75% do salario mensual os primeiros 20 días, e ata o 100% de aí en diante. Excepcionalmente, na primeira baixa anual por enfermidade, a empresa complementará ata o 85% do salario mensual os primeiros 20 días.

5. Igual criterio se seguirá con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

6. A IT por maternidade asimílase para tódolos efectos ó punto 1 deste artigo en canto ó aboamento de complementos.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá, en horario de traballo, os traballadores que o requiran, de equipos de roupa e calzado completos, considerando un mínimo de dous equipos ó ano, obrigándose o traballador á súa axeitada conservación.

VeránInverno

* Peóns R.S.U.

Traxe1Traxe1

Camisa1Camisa1

Botas seguridade1 parBotas seguridade1 par

Luvas1 parLuvas1 par

Xersei verán1Xersei inverno1

-Unha vez ó ano-Cada dous anos

Botas de auga1 parAnorak1

Traxe de augas1

Gorro (viseira opcional)1

Viseira1

Toalla1

Chaleco1

VeránInverno

* Conductores

Pantalón1Pantalón1

Camisa1Camisa1

Xersei verán1Xersei inverno1

Luvas1 parLuvas1 par

-Unha vez ó ano-Cada dous anos

Toalla1Anorak1

Chaleco1

Botas1 par

* Persoal de taller

Funda/traxe1Funda/traxe1

Camisa1Camisa1

Luvas1 parLuvas1 par

Xersei verán1Xersei inverno1

-Unha vez ó ano-Cada dous anos

Gorro1Botas de auga1 par

Toalla1Anorak1

Chaleco1

Botas de seguridade1 par

* Capataces

Traxe1Traxe1

Camisa1Camisa1

Xersei verán1Xersei inverno1

Calzado verán1 parCalzado inverno1 par

-Unha vez ó ano-Cada dous anos

Toalla1Anorak1

* Peóns L.V.

Traxe1Traxe1

Camisa1Camisa1

Xersei verán1Xersei inverno1

Botíns verán1 parBotíns inverno1 par

Luvas1 parLuvas1 par

-Unha vez ó ano-Cada dous anos

Botas de auga1 parAnorak1

Traxe de augas1

Gorro (viseira opción)1

Viseira1

Toalla1

Chaleco1

* Servicio de limpeza interna

Bata de verán1Bata de inverno1

Xersei verán1Xersei inverno1

Calzado apropiado1 parCalzado apropiado1 par

2. A empresa comprométese a cambiar todo aquel equipamento que veña defectuoso ou se deteriore en exceso polo uso, por outro novo, a calquera empregado, tras entrega previa do elemento inservible.

3. A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio.

4. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 15 de outubro.

5. A empresa antes de compra-la roupa consultará co comité de seguridade e hixiene para optar polo máis apropiado. Procurarase que a roupa incorpore elementos necesarios para a súa correcta adecuación as medidas máis idóneas de prevención de riscos laborais.

6. Ó inicio da relación laboral entregaranse dúas mudas de roupa.

Artigo 28º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa, lle fose reti

rado o permiso de conducir, a empresa colocarao nun posto de traballo axeitado ás súas condicións, respectándolle a categoría e as retribucións de conductor. Ó remate da suspensión será reintegrado ó seu antigo posto de traballo. O resto de categorías que desempeñen labores de conductor rexeranse por este artigo.

Artigo 29º.-Mobilidade.

Cando por necesidades do servicio fose necesario o cambio de asignación dun posto a outra quenda de calquera operario, deberá ser informado o comité con expresión da causa que motiva tal cambio. Cando se considere que o cambio non e axeitado, será resolto pola comisión paritaria.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Artigo 30º.-Seguridade e hixiene.

Dada a importancia que recoñocen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. E considerando de obrigada aplicación a lexislación sobre seguridade e hixiene, e para tal efecto constituirase un comité de seguridade, hixiene e saúde, co fin de velar polo cumprimento das medidas legais regulamentarias, así como a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacions e instrumentos que pon á disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente os traballadores, obrigados a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instrumentos de traballo estean en perfectas condicións, debendo poñer en coñocemento do comité de seguridade, hixiene e saúde, ou, no seu defecto, do comité de empresa tódalas anomalías que se detecten para que se adopten as medidas oportunas.

As funcións do comité de seguridade, hixiene e saúde serán as seguintes:

a) Promove-la observación das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas; estimula-la formación, divulgación e propaganda da seguridade e hixiene no traballo.

A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ó día nas recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade, hixiene e saúde laboral, fomentando e facilitando que tódolos traballadores se formen nesta materia tanto en cursos internos como externos.

Artigo 31º.-Recoñecemento médico e vacinación.

1. Anualmente, a empresa faralles ós traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario, para os traballadores.

2. O recoñecemento consistirá, como mínimo, en:

-Audiometría.

-Análise de sangue.

-Espirometría.

-Control de vista.

-Análise de urina.

-Exploración clínica.

-Electrocardiograma.

-No caso das traballadoras, incluirá recoñecementos xinecolóxicos.

3. Os resultados de recoñecemento médico entregaránselle ó traballador, respectando a súa confidencialidade, e ó comité de saúde laboral nos termos establecidos na lexislación vixente.

4. A campaña de vacinación consistirá, como mínimo, no seguinte:

-Vacina contra o tétanos.

-Vacina contra a hepatite B, logo de análise de sangue.

Será obrigatorio para a empresa.

Capítulo V

Melloras sociais

Artigo 32º.-Cotas sindicais.

A empresa, tras solicitude previa por escrito, descontará a cota sindical da nómina daqueles traballadores que o desexen.

Artigo 33º.-Horas sindicais.

Anualmente, logo de notificación á empresa, poderanse acumula-las horas sindicais nalgún membro do comité de empresa ou delegado sindical. Así mesmo, poderanse acumula-las horas sindicais de cada membro do comité ou delegado sindical, tanto na empresa como no sindicato ó que pertenza, entendéndose esta situación como excedencia especial, e tendo dereito o traballador excedente a reincorporarse ó traballo no seu posto habitual cun aviso previo de 15 días. Durante todo este período de tempo, seguirá correndo a antigüidade.

Artigo 34º.-Excedencias.

1. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria de seis meses a cinco anos. A empresa reservará o posto de traballo ó operario na dita situación, concertando para tal efecto un contrato de substitución ou interinidade correspondente.

2. Este contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor, no momento da substitución e ata que remate esta.

3. Se a excedencia fose solicitada por un prazo inferior a cinco anos, o traballador poderá, tras comunicación previa á empresa, prorroga-la dita situación anualmente, ata esgota-los cinco anos. O traballador avisará á empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación ó posto de traballo, no caso de non reincorporación do traballador excedente, o traballador interino pasará a ocupa-la súa praza como traballador fixo do cadro de persoal.

4. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador unha vez transcorridos tres anos desde o remate da anterior excedencia.

5. En todo o non previsto neste artigo, haberá que aterse ó establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre esta materia.

Artigo 35º.-Información de absentismos.

A empresa facilitaralle ó comité, trimestralmente, información sobre absentismo, baixas por accidente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas do conxunto do cadro de persoal, así como de tódolos accidentes leves que se produzan aínda que estes non impliquen IT.

Artigo 36º.-Axuda familiar.

Os traballadores afectados por este convenio que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída física ou psíquica, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social ou organismo que o substitúa, e tras xustificación previa, percibirá un complemento salarial de 6.000 pesetas/mes.

Artigo 37º.-Complemento escolar.

O persoal afectado por este convenio que teña fillos cursando estudios de ensino primario, ESO, FP, BUP, COU e superiores, percibirá por parte da empresa unha axuda escolar por cada un dos fillos de 4.500 pesetas ó ano.

Estas cantidades percibiranse unha soa vez ó ano, non sendo necesaria a presentación do certificado de escolaridade correspondente, ata a idade de 16 anos (educación obrigatoria) e aboarase coa mensualidade de setembro.

Os traballadores en activo que se matriculen para a obtención do graduado escolar terán un premio de 6.000 pesetas, tras presentación previa da acreditación da devandita titulación.

Artigo 38º.-Control de ascensos, promoción interna.

Regularase de acordo co disposto no Regulamento de promoción de ascensos.

Artigo 39º.-Altas e baixas na empresa.

1. Facilitaráselle ó comité o modelo dos contratos de traballo que se usen na empresa.

2. A cada traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

3. Cando existan altas de novos traballadores, fixos ou eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ó comité, indicando apelidos, nomes e categoría profesional do novo traballador, así como o tipo de contrato efectuado.

4. O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicalo cunha antelación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo, e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 40º.-Faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos do convenio xeral.

Tódalas faltas e sancións se comunicarán simultaneamente ó traballador e ó comité de empresa, para os efectos do seu coñecemento e, de se-lo caso, do correspondente informe.

Artigo 41º.-Dereito de información.

1. A empresa facilitaralles ó comité e ás seccións sindicais legalmente establecidas a información establecida con carácter xeral no artigo 64 do Estatuto dos traballadores, referida ó centro de traballo da Coruña.

2. Así mesmo, facilitará información sobre o número de toneladas de lixo, así como a variación en superficie do servicio de limpeza viaria.

Artigo 43º.-Xubilación voluntaria e anticipada.

No suposto de que os traballadores acolléndose ó Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, opten pola modalidade especial de xubilación ós 64 anos. A empresa por este convenio obrígase a substituír simultaneamente o xubilado por outro traballador titular do dereito a calquera das prestacións por desemprego ou mozo demandante de primeiro emprego.

Establécese un premio de xubilación anticipada segundo o seguinte baremo, e con independencia dos anos de servicio:

-Xubilación ós 60 anos: 525.000 pesetas.

-Xubilación ós 61 anos: 425.000 pesetas.

-Xubilación ós 62 anos: 325.000 pesetas.

-Xubilación ós 63 anos: 225.000 pesetas.

-Xubilación ós 64 anos: 125.000 pesetas.

-Xubilación ós 65 anos: 25.000 pesetas.

Artigo 43º.-Anticipos persoal.

Ó inicio da vixencia deste convenio, crearase pola parte económica, e pola súa conta, un fondo de anticipos para os traballadores, na contía de 4.500.000

pesetas anuais, que se concederán por solicitude individual de acordo co que segue que será verificado polo comité de empresa.

1. Os anticipos concederanse por rigorosa orde de solicitude.

2. A contía máxima do anticipo será de 150.000 pesetas.

3. A amortización sen xuros da cantidade solicitada será de 10.000 pesetas mensuais a partir do mes seguinte á adxudicación desta.

Artigo 44º.-Servicio mecánico.

Debido ás peculiaridades do servicio, a empresa facilitaralles ós empregados do taller unha lavadora, para que poidan proceder á lavada da roupa de traballo manchada de aceite, disolvente, pintura... nas instalacións da empresa, facilitando esta o seu mantemento, deterxentes, etc.

Artigo 45º.-Capacidade diminuída.

A empresa comprométese no caso de que a un, e ata un máximo de 5 persoas, lle fose recoñecida polo organismo correspondente unha incapacidade parcial ou permanente total para o seu traballo habitual, a reincorporalo, a un posto de traballo que se adapte ás novas aptitudes físicas/psíquicas do traballador, sempre que o desempeño das ditas tarefas non menoscabe a dignidade deste.

No caso de que o traballador fose recolocado pola empresa, e cobrase a cantidade correspondente ó seguro por incapacidade permanente total para o seu traballo habitual, conforme se dispón no artigo 25º do presente convenio, quedará nese momento excluído da póliza e do dereito a reclamar cantidade ningunha por este concepto, a excepción dunha nova situación derivada de accidente laboral.

Capítulo VI

Subrogación do persoal

Artigo 46º.-Subrogación do persoal.

En tódolos supostos de remate, perda, rescisión ou rescate dunha contrata, así como de calquera outra figura ou modalidade que supoña unha substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saliente pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vai desenvolve-lo servicio respectando esta os dereitos e obrigas que teñan na empresa substituída. Producirase a devandita subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo en contrata cunha antigüidade mínima nos catro últimos meses anteriores ó remate efectivo do servicio sexa cal fose a súa modalidade de contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ó devandito período de catro meses traballasen noutra contrata.

2. Os traballadores con dereito a reserva de posto de traballo que no momento do remate efectivo da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nesta e estean enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permisos, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan a algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

Disposicións adicionais

Primeira.

1. Ante o posible cesamento de calquera das actividades ou servicios que se veñen desenvolvendo neste centro de traballo, a empresa comprométese a facerse cargo automaticamente, se se produce o cesamento da actividade dos traballadores afectados, conservándolle-lo traballo e a categoría, así como tódolos dereitos que teñan adquiridos, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 46º do presente convenio, e non exista empresa privada ou entidade pública ou municipal na que poida subrogarse, no caso de reversión do servicio.

2. A empresa comprométese a manter sempre o cadro de persoal co número de traballadores necesarios para o normal desenvolvemento das súas actividades.

Segunda.-De acordo co estipulado na acta de reunión entre a empresa e o comité, que se achega a este convenio, do 13 de maio de 1999, recóllense os seguintes acordos.

1. Respectaranse os contratos convertidos en indefinidos a antigüidade do contrato inicial.

2. No caso de que a empresa proceda á extinción de contratos de traballo por causas obxectivas, e a extinción fose declarada improcedente, a indemnización será de 45 días por ano de servicio ata un máximo de 42 mensualidades, non sendo de aplicación en consecuencia o apartado 4 do Real decreto lexislativo 8/1997, do 17 de maio. Isto será de apli

cación para os traballadores dados de alta na empresa con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2001.

3. No caso de despedimento disciplinario, declarado improcedente, a indemnización, para tódolos traballadores, será de 45 días por ano de servicio, ata un máximo de 42 mensualidades.

4. Para tódolos efectos, a totalidade de traballadores do cadro de persoal da empresa consideraranse fixos de centro, non operando, en consecuencia, o previsto ó respecto no artigo 40 do ET.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio colectivo, axustándose ó disposto na recomendación número 92 da OIT e no artigo 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación deste convenio colectivo, sometérense ós procedementos extraxudiciais de conflictos de traballo establecidos no acordo interprofesional (AGA) subscrito entre as centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), nos seus propios termos e sempre que non se resolvesen con anterioridade na comisión paritaria prevista no artigo 6º deste convenio colectivo.

Cuarta.-En todo o non disposto neste convenio, e os seus anexos, estarase conforme co establecido no convenio colectivo do sector, Estatuto dos traballadores, LOLS e demais lexislación vixente nesta materia.

Disposición transitoria

A comisión paritaria durante a vixencia deste convenio realizará un estudio sobre o calendario de vacacións de todo o persoal para o seu desfrute en dous bloques de seis meses de forma correlativa, que permite que o seu desfrute se realice en primavera-verán, e o seguinte outono-inverno. Este calendario de vacacións logo de aprobación polos traballadores sería incluído automaticamente no convenio.

Táboa salarial convenio 2001

CATEGORÍASSALARIOTÓXICODISPOÑIBILIDADEC. CONVE.C. COMPE.NOCTURNOPTRAS.

MESANOMESANOMESANOMESANOMESANOMESANOMESANO

PEÓNS NOITE106.6821.546.88918.531222.37211.103133.23600006.00072.00010.293123.516

PEÓNS DÍA106.6821.546.88918.531222.37211.103133.23600000010.293123.516

PEÓN RESPONSABLE NOITE109.8561.592.91219.065228.78011.453137.4364.61255.344006.00072.00010.293123.516

PEÓN RESPONSABLE DÍA109.8561.592.91219.065228.78011.453137.4364.61255.344000010.293123.516

CONDUCTORES DÍA113.0821.639.68919.350232.20011.453137.43600000010.293123.516

CONDUCTORES NOITE113.0821.639.68919.350232.20011.453137.43600006.00072.00010.293123.516

VIXILANTES NOITE113.8811.651.27519.065228.78011.303135.63600006.00072.00010.293123.516

VIXILANTES DÍA113.8811.651.27519.065228.78011.303135.63600000010.293123.516

CAPATACES NOITE109.8561.592.91219.065228.78011.303135.63610.695128.340006.00072.00010.293123.516

CAPATACES DÍA109.8561.592.91219.065228.78011.303135.63610.695128.340000010.293123.516

EN. XRAL265.5263.850.12747.987575.84412.011144.13200006.00072.00010.293123.516

INSPECTOR265.1793.845.09619.746236.95211.089133.06800000010.293123.516

ARQUITEC. TÉCNI189.5752.748.83843.403520.836000022.209266.5080010.293123.516

OF. ADMÓN 3BI. 1 QUI153.8332.230.57922.194266.328000011.232134.7840010.293123.516

LIMPADOR60.067870.9729.267111.2045.56166.73200000010.293123.516

CATEGORÍASSALARIOTÓXICODISPOÑIBILIDADEC. CONVE.C. COMPE.NOCTURNOPTRAS.

MESANOMESANOMESANOMESANOMESANOMESANOMESANO

XEFE TALLER211.1323.061.41419.065228.780009.442113.304000010.293123.516

SUB.EN. XRAL.143.6272.082.59220.152241.82411.232134.78400000010.293123.516

OFAL 1º113.0311.638.95019.065228.780004.61255.34411.232134.7840010.293123.516

OFAL 2º111.4071.615.40219.065228.780004.61255.34411.232134.7840010.293123.516

XEFE SERVICIOS282.1024.090.479000000000000

PERSOAL SEN QUENDAS S 6/310.908130.896

Táboa importes antigüidade 2001

CATEGORÍASIMPORTE/2001

PEÓN 1 BIENIO3.852

PEÓN 2 BIENIOS7.143

PEÓN 3 BIENIOS10.433

PEÓN 3 BIENIOS E 1 QUINQUENIO15.084

CATEGORÍASIMPORTE/2001

PEÓN 3 BIENIOS E 2 QUINQUENIOS20.240

RESTO DE CATEGORÍAS 1 BIENIO3.917

RESTO DE CATEGORÍAS 2 BIENIOS7.273

RESTO DE CATEGORÍAS 3 BIENIOS10.630

RESTO DE CATEGORÍAS 3 BIENIOS E 1 QUINQUENIO15.567

RESTO DE CATEGORÍAS 3 BIENIOS E 2 QUINQUENIOS20.502