Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.567

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 26 de xuño de 2001 pola que se nomean membros do Consello Galego de Cooperativas.

O Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, desenvolve as previsións contidas na súa norma de creación, a

Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, regulando no seu artigo cuarto a composición, e no artigo quinto o procedemento de nomeamento dos membros deste órgano.

Pola vacante producida polo membro titular en representación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, con data do 20 de xuño de 2001, a devandita consellería procede ó nomeamento de vocal titular e suplente no Consello Galego de Cooperativas.

Polo exposto, de acordo coa proposta realizada e facendo uso da autorización prevista na disposición derradeira primeira do referido decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-En representación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e por proposta do conselleiro da devandita consellería, noméase como membro titular do Consello Galego de Cooperativas a Miguel Ángel López Sieiro e como suplente a Joaquín Mariño Cadarso.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais