Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 16 de xullo de 2001 Páx. 9.567

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xullo de 2001 pola que se nomea director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Por Resolución do 12 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Universidades (DOG nº 68 do 5 de abril), publicouse o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a creación do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, xunto cos seus estatutos, que figuran como anexo ó citado convenio.

O artigo 22 dos estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia prevé que o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia é nomeado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, oído o Consello de Dirección.

En consecuencia, oído o Consello de Dirección do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, na súa reunión do catro de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia a Eugenio Muñoz Camacho.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de dous mil un.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria