Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO.

O pleno, en sesión extraordinaria do día 14 de xuño de 2001, acordou aproba-lo prego de condicións económico-administrativas que rexerán a poxa de adxudicación de parcelas con fins industriais no polígono industrial de Cabanelas, así como convocar poxa pública para a adxudicación de cinco parcelas das características que se indican no devandito prego.

1. Obxecto do contrato: adxudicación das parcelas no polígono industrial de Cabanelas, que se indican a seguir, e con lindes que figuran no informa do técnico municipal e no acordo sinalado anteriormente, para fins industriais:

-Parcela nº 1: parcela industrial cunha superficie de 2.440 m (dous mil catrocentos corenta metros cadrados), con forma aproximada triangular, que linda ó norte coa vía de ampliación do polígono industrial pola que ten acceso e parcela Ángel García Reboredo; sur, con parcela de Prefabricados Mondragón (hoxe Salnespán, S.L.); leste, con parcela da ecoplanta do Salnés e oeste, con vía de ampliación do polígono industrial pola que ten acceso.

-Parcela nº 2: parcela industrial cunha superficie de 826 m (oitocentos vinteseis metros cadrados), con forma rectangular, que linda ó norte, con terreos do polígono industrial de Cambados; sur, con parcela nº 3 que se describe a continuación; leste, con vía de acceso o polígono industrial de Cambados polo que ten acceso e oeste, con parcela de Carlos Núñez Reboredo.

-Parcela nº 3: parcela industrial cunha superficie de 2.520 m (dous mil cincocentos vinte metros cadrados), conforma rectangular, que linda ó norte, con terreos da parcela nº 2 que se describe anteriormente; sur, con parcela de Carlos Núñez Reboredo; leste, con vía de acceso ó polígono industrial de Cambados polo que ten acceso e oeste, con parcela de Carlos Núñez Reboredo.

-Parcela nº 4: parcela industrial cunha superficie de 10.006 m (dez mil seis metros cadrados), con forma case rectangular, que linda ó norte, con polígono industrial de Cambados; sur, con parcela nº 5 que se describe a continuación; leste, con vía de acceso ó polígono industrial e oeste con zona verde do polígono industrial, situada al nivel máis baixo.

-Parcela nº 5: parcela industrial cunha superficie de 4.000 m (catro mil metros cadrados), con forma trapezoidal, que linda ó note, con parcela nº 4 descrita anteriormente; sur, camiño perimetral de acceso a zona verde situada a nivel máis alto; leste, con vía do polígono industrial polo que ten acceso e oeste, con zona verde do polígono industrial, situada a nivel máis alto.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

3. Tipo de licitación.

O tipo de licitación establécese en función do número de metros cadrados da parcela; obterase multiplicando o número destes por 3.500 pesetas.

Teranse en conta as prescricións ó respecto establecidas, obrigas da corporación, en relación coas subvencións concedidas pola corporación en función do número de postos de traballo, que vaian crear.

4. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do tipo de licitación.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Nas oficinas do Concello de Ribadumia.

6. Presentación de ofertas.

Data límite: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións (epígrafe Proposicións). Para poder acceder á subvención por metro cadrado presentarase a documentación recollida no prego (epígrafe Obrigas da corporación).

LUgar: oficinas municipais, en horas de oficina.

7. Apertura de ofertas.

Lugar: no salón de sesións do concello.

Data e horas: ás trece horas do primeiro día hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Modelo de proposicións.

Axustaranse ó modelo contido no anexo ó prego de condicións.

Ribadumia, 21 de xuño de 2001.

María Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa