Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (52/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión extraordinaria en substitución da ordinaria realizada con data do 24 de maio de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do SU-6 da zona 1 do PXOU de Ourense, por instancia de Xosé Álvarez Seara, en representación de Xosé Álvarez Seara e Ánxel Alonso Pérez, C.B., coas condicións técnicas fixadas nos informes do Servicio de Enxeñería con data do 9 de febreiro de 2001 e do servicio eléctrico con data do 28 de febreiro de 2001, consignando xa garantía polo importe de 8.430.782 pesetas para asegura-la súa correcta execución e o seu carácter previo ou simultáneo á edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 6 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente