Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

En cumprimento do establecido polo artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e para os efectos da súa entrada en vigor, faise público para xeral coñecemento, que a Comisión de Goberno, en sesión do 29 de xuño de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle nº 4 das normas subdiarias municipais de planeamento.

Vilanova de Arousa, 3 de xullo de 2001.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde