Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello de Vilalba, en sesión celebrada pola Comisión de Goberno o día 23 de maio de 2001, aprobou as bases que han rexe-la convocatoria do certame literario do Concello de Vilalba, na súa XXVII edición, resumidas en dous premios de 500.000 e 150.000 pesetas nas modalidades de narrativa e poesía respectivamente, en lingua galega.

Os interesados en participar no certame deberán dirixi-los seus traballos ó Concello de Vilalba, antes das 12 horas do día 14 de xullo de 2001 e poderán pedi-las becas nas oficinas municipais, directamente ou por correo.

Vilalba, 7 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado