Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte:

Edicto de contratación, por concurso urxente, polo procedemento aberto, para a adxudicación das seguintes obras:

-Saneamento en Rebordáns, por 12.600.000 pesetas.

-Saneamento en Guillarei, por 13.500.000 pesetas.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse, individualmente para cada obra, nas oficinas deste concello, no prazo de trece días naturais, en horario de 9 a 14 horas, a partir da última publicación de edicto no BOP e DOG, podéndose examinar nelas o prego de condicións de cada obra.

Tui, 2 de xullo de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde