Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

EDICTO.

O Pleno Municipal deste concello, en sesión ordinaria do día 5 (cinco) de xuño de 2001, adoptou acordo de aprobación inicial do expediente de identificación e acreditación do núcleo rural de Irago de Abaixo.

De acordo co establecido na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente queda sometido a información pública durante o período dun (1) mes, período que empezará a contar a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Toques, 7 de xuño de 2001.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde