Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de notificación (65/1998).

De conformidade cos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, e 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público ás persoas que a continuación se relacionan, xa que tentándose a notificación destas no último domicilio coñecido, non puido ser practicada, que:

O concelleiro delegado de Urbanismo dictou providencia con data do 6 de abril de 2001, que transcrita literalmente di:

«Providencia: visto o estudio de detalle de aliñacións na rúa da Petada, Outeiro, Cudeiro así como a alegación presentada pola Asociación de Veciños da Parroquia de San Pedro de Cudeiro.

Resolvo: remiti-lo expediente ó equipo redactor da revisión do PXOU de Ourense para que o analice e busque a mellor solución sen prexudicar a ninguén».

Nieves Fortes González.

Dolores Urdiquien Pavón.

Emilio Fernández Soto.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 29 de maio de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente