Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-406).

Por Resolución da Alcaldía nº 3.465/2001 do 22 de xuño de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle na U.E. nº 10, na rúa Darwin, Perillo, tramitado por Habitare

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas Oficinas Municipais de Urbanismo de 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presentar-las alegacións que coiden oportunas.

Oleiros, 28 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta