Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.480

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso:

Nº de expediente: 01241C.

Obxecto da contratación: realización dun programa informático para a xestión da planificación dos recursos humanos da producción de TVG, S.A.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (de 8 a 14 horas, días laborables) no Servicio Común de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG en horario de 8 a 14 horas, días laborables.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2001.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo