O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de
decembro de 1997, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:
Obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos certames Conxemar 2001 (Vigo, do 2 ó 4 de outubro) e Anuga 2001 (Colonia, Alemaña, do 13 ó 17 de outubro).
Adxudicatario: Viajes Atlántico, S.A.
Importe: 29.200.000 pesetas.
O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.
Miguel A. López Sieiro
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura