Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras: obra 1: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de Paradela (Meis-Pontevedra), X-4890; obra 2: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construcción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Sabrexo (Vila de Cruces-Pontevedra), X-4632; obra 3: rede de camiños de concentración parcelaria de Buscás (Ordes-A Coruña), X-4263; obra 4: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construcción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra), X-4631; obra 5: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de Estacas (Cuntis-Pontevedra), X-4880.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo:Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: obra 1: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de Paradela (Meis-Pontevedra), X-4890; obra 2: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construcción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Sabrexo (Vila de Cruces-Pontevedra) X-4632; obra 3: rede de camiños de concentración parcelaria de Buscás (Ordes-A Coruña) X-4263; obra 4: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construc

ción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra), X-4631; obra 5: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de Estacas (Cuntis-Pontevedra), X-4880; de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

a) Número: cinco obras.

b) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso público

4. Orzamento base de licitación.

Obra 1: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de Paradela (Meis-Pontevedra), X-4890, 60.238.450 pesetas, 362.040,38 euros; obra 2: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construcción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Sabrexo (Vila de Cruces-Pontevedra), X-4632, 113.659.366 pesetas, 683.106,55 euros; obra 3: rede de camiños de concentración parcelaria de Buscás (Ordes-A Coruña), X-4263, 181.921.264 pesetas, 1.093.549,12 euros; obra 4: acondicionamento de predios, eliminación de accidentes naturais e construcción de camiños secundarios para a mellora da actividade agrícola e forestal na zona de concentración parcelaria de Gres (Vila de Cruces-Pontevedra), X-4631, 28.840.383 pesetas, 173.334,19 euros; obra 5: acondicionamento de predios e eliminación de accidentes artificiais na zona de concentración parcelaria de

Estacas (Cuntis-Pontevedra), X-4880, 25.474.349 pesetas, 153.103,92 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación en cada obra.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación en cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 68

e) Telefax: 981 54 57 53

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 26 de xullo de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: eificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 30 de xullo de 2001.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria