Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 29 de marzo de 2001, de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/2343-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 00/2343-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Franco Salustri.

Enderezo: Venezuela 74, 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 29 de marzo de 2001.

Parte dispositiva da resolución:

«Acorda:

Primeiro.-Conceder a Franco Salustri as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 2 traballadores na contía seguinte:

-Axuda pola contratación indefinida inicial de 2 traballadores, por un importe total de 360.000 pesetas.

Segundo.-Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base novena do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse o día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e TC2, dos meses seguintes: xaneiro/2001, xaneiro/2000, maio/2000 e setembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

Terceiro.-Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décima do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 29 de marzo de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.».

Os correspondentes expedientes áchanse no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 6 de xuño de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra