Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 2001, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito da Travesa da Estrada, promovida polos servicios técnicos municipais, para dar cumprimento á sentencia número 758/1992, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O obxecto da modificación puntual é clasificar como solo urbano (ordenanza 3) unha parcela sita na marxe norte da Travesa da Estrada, no tramo comprendido entre os números 29 e 39 desta vía.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo